Islamismo soterrado ou miseria infame

asdTunisia, Exipto, Qatar e agora Turquía, o mundo árabe está que arde, e se todo levaba a pensar que detrás había un islamismo soterrado, neste intre habería que pararse a pensar senón será unha miseria infame a que move a todas estas xentes.

Os principios relixiosos e ideolóxicos moveron, e seguirán movendo o mundo, pero detrás das grandes revolucións tamén hai moito de inxustiza social. E é máis, de non ser o elemento medular, si é moi significativo. Por moito que uns pensen, os intelectuais, senón hai quen os siga e lles dea ás, todo corre o risco de quedarse en nada.

A forza das palabras cando vai acompañada do ímpeto da necesidade, si ten recorrido. Así que a agardar toca, e bo sería deixar a cada pobo, a cada civilización, arranxar os seus problemas. Toda interferencia exterior é unha coitelada na alma das súas xentes, e polo tanto, unha ignominia do máis repulsivo. Isto non quere dicir que non se poida intervir, todo o contrario, o único que se cuestiona é o tipo de intervención, se é para tentar solucionar os problemas segundo os intereses desa cidadanía, benvida sexa.

Todos estes países, e sen esquecernos de Siria ou Marrocos, teñen que definir o seu futuro. Pero ollo!, toda interferencia externa está demais. As tutelas ante xentes que pensan, só teñen un camiño, o desastre, e tanto para quen as apadriña como para quen as ten que sufrir.

Que nun intre se pensou que a islamización destas sociedades ía a ser a solución a todos os problemas, pois pode que si. Pero polo que se está vendo, e con claridade, non parece xusto así. Exipto deixouno entrever, cando a cidadanía quería ir máis alá dos postulados dos Irmáns Musulmáns, e Turquía constátao de vez neste intre loitando duramente contra un goberno de corte islamita. Todo pobo ten dereito ao seu destino, e ningún axente estranxeiro ten nin o máis mínimo dereito a meter as súas napias en asuntos que non lle concirnen. Non, ningún dereito, e por moito que lle poidan doer as moas.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Opinión

Deixar un comentario