Obra

Sinfonía fiorentina“, editada por MeuBook en 2011.

No mundo de hoxe no que todo debe ser perfecto, emerxe este relato como un canto á vida no que os seus protagonistas van tentando achar o seu camiño. Pasado e presente fúndense nun todo que arela ser o pedestal sobre o que enxergar un incerto futuro. Perfección e imperfección danse a man nunha harmoniosa simbiose froito das paixóns humanas. Nada é perfecto, máis todo marcha harmonioso segundo o ritmo marcado pola cidade de Florencia. O resultado, unha obra sinfónica na que as apostas persoais se entrelazan feiticeiras coa maxia emanada dos grandes mestres do Renacemento. Manuel Lamas, lugués de Carballedo afincado en Compostela, desde que puxo o pé na cidade de Florencia comprendeu de primeira man o que era o síndrome de Stendhal. A súa beleza deixárao tan abraiado que sempre se sentiu en débeda con ela. E agora, anos despois, tenta cumprimentala con esta sentida homenaxe que responde ao título de Sinfonía fiorentina.

???????????????????????????????

Un paseo pola vida”, editada por MeuBook en 2013.

Afastándose de dogmas e de sisudas teorías tamén se pode vivir, pode que no mundo de hoxe custe asimilalo, pero fóra da “academia” tamén hai vida. A autenticidade sóese achar na sinxeleza de corazón e na loita polo outro. Todo traballo feito con amor, independentemente dos seus resultados, é digno e gaba a quen así obra.

Con Álvaro a vida non se portou demasiado ben e adiantoulle un chisco, un chisco grande, a data de caducidade. Sentirse abandonado e refutado polos seus, sumírao nunha profunda desesperación.Tropezar coa xente adecuada neses intres tan delicados, non ten prezo, e aínda que polo medio haxa os seus máis e os seus menos. Á morfina axuda, pero acharse ben con un mesmo é todo un puntazo, ou polo menos, iso é o que cre Xes.

“As manifestacións relixiosas ao longo da historia”, editada por 3C3 en 2010.

Son moitas e moi variadas as diferentes manifestacións relixiosas que o ser humano desenvolveu ao longo de toda a súa historia evolutiva. Aínda que cando máis nos remontamos no tempo máis difícil se fai estudar este tema, xa que os datos poden ser escasos e inseguros; neste manual realízase un detallado percorrido histórico por aquelas relixións máis significativas da historia da humanidade, combinando os textos teóricos coa posibilidade de asentar eses coñecementos por medio da realización de diferentes exercicios prácticos.

O Budismo. Unha historia milenaria“, editada por Lóstrego en 2012.

A figura de Buda xurdiu no norte de India, a mediados do s.VI a.C. A partir das súas ensinanzas desenvolveuse o budismo, que progresivamente acadou unha enorme la foto (4)expansión. De feito, hoxe en día é a cuarta relixión mundial en número de fieis e presenta gran diversidade de escolas e prácticas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s